Só necesitas un teléfono móbil ou tableta.
Google ofrece a vista en 3D dunha serie de animais, pero ademais, nalgúns dispositivos, é posible trasladar aos animais á túa propia casa!
A profe Iria e máis eu estivemos na busca dos diferentes grupos de vertebrados.
Atopamos mamíferos (carnívoro, herbívoro e omnívoro), sabes cal é cada un?
Vimos unha aguia, do grupo das aves.
Un dos peixes máis temidos, o tiburón, entrou no meu salón!
E un enorme reptil, o crocodilo, intentou comerse a Cíes!
Faltounos un anfibio, non o atopamos por ningures!
Que che pareceu? Queres probar? Para xogar debes facer o seguinte:
- Entra en Google.
- Escribe o nome dun animal.
- Dalle a ver en 3D.
- Preme no botón "Ver en tu estado".
(Algúns dispositivos só chegan ata a opción de vista en 3D, pero aínda así é moi interesante).
Estes son os animais que podes buscar:
- León - Cabra
- Tigre - Pulpo
- Leopardo - Serpiente
- Tiburón - Águila
- Erizo - Oso
- Pato - Caimán
- Pingüino emperador - Caballo
- Lobo - Poni
- Rape - Guacamayo
- Perro - Tortuga
- Gato
Esperamos as vosas fotos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario