viernes, 3 de abril de 2020

A reportaxe de Miguel


Que sorpresa levamos ao ler o comentario que nos deixou Miguel na entrada de Reportaxe animal!

O seu papi e el, transfórmanse en reporteiros e nos contan as peculiaridades do seu can, explicándonos as súas características. 

Poñémolo aquí para que todos podades ver o bo traballo que fixeron. 

Se alguén se anima, pode mandarnos o seu vídeos.

Non queremos pechar a entrada sen recoñecer a labor tan importante que estades facendo todos os membros  de cada familia. En situacións como a que estamos pasando demóstrase o necesario que é ser un equipo, a forza conxunta é o motor para seguir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario