martes, 28 de abril de 2020

AGORA QUE PODEDES SAÍR...

Despois de máis de 40 días, os nenos e nenas podedes saír de novo á rúa. 

Só un ratiño, soamente unha vez ao día... Sen xogar cos vosos amigos e amigas e mantendo as distancias... Pero saímos... 

Ás veces, non valoramos todas as cousas que temos arredor. Precisamos dun confinamento para valorar o tempo en familia, a cantidade de cousas divertidas que podemos facer na casa, aprendemos a convivir con nós mesmos... E iso é marabilloso. 

Cando eramos "libres" non valorábamos tampouco a necesidade de estar na rúa. Quedábamos felices na casa xogando a videoxogos e vendo a tele. 

Agora que podedes saír, non esquezades todo o aprendido. Non esquezades o que realmente importa... A familia, un bo libro, escoitar nova música... E fóra? Fóra temos natureza, flores, árbores e campos. Temos o mar... Pequenos detalles nos que antes non nos parábamos a desfrutar. 

Contádenos, como foi esa saída? Que aprendiches? Agora que podes saír... 

Non precisades máis ca un caderno e un ratiño de reflexión. 

Esperamos as vosas historias. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario