jueves, 2 de abril de 2020

Concurso de debuxo


Concurso de debuxos para que os nenos e nenas galegos trasladen á Policía e á Garda Civil os seus ánimos e agradecemento

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) convoca un concurso de debuxos para amosar o agradecemento e transmitirlle ánimo á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia.

A temática do concurso e completamente libre, e poderedes plasmar no debuxo o que queirades transmitirlle. 

Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras. Cada neno poderá facelo como queira.
O único requisito é que poñades o cancelo #ConVosEstamosSeguros.

Haberá un premio para Infantil, dous para Educación Primaria, por una banda os nenos de 1º a 3º e por outra banda os de 4º a 6ª, e o mesmo cos estudantes da ESO.


Os premios de cada unha das categorías é que o neno ou nena gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia, onde tamén están recibindo formación os policías e gardas civís, poidendo participar con eles nalgunha das clase e que así poidan coñecer de preto aos axentes que reciben a formación na Academia.


O prazo de presentación dos debuxos comeza mañá e remata o vindeiro venres 17 de abril. Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo do neno ou nena, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario