jueves, 23 de abril de 2020

Importante. Recollida das fichas

Estimadas familias, estamos intentando buscar a maneira de facilitar a todos o acceso aos traballos do alumnado.
Acábannos de  dar novas directrices  e, en lugar de  imprimir as fichas no Concello, faranse no centro.

Polo tanto,  o teléfono ao que tedes que chamar é o 886 15 16 39 en lugar de facelo ao Concello.
O horario de atención ás chamadas  para concretar o día e hora de recollida do material no cole é de 11:00 a 12:30 os luns, martes e venres.

Sentimos as molestias ocasionadas, estamos intentando buscar as mellores solucións e adaptarnos aos recursos que temos e as pautas que nos marcan.

Se tedes algunha dúbida recordamos os nos correos:
tutorianair@gmail.con
tutorairia@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario