Os obradoiros
Son pequenos e neles traballan os artesáns e as artesás.
Para elaborar os produtos utilizan as mans e ferramentas sinxelas.
O artesán ou a artesá realiza todas as tarefas que cómpren para obter o produto.
As fábricas
Son grandes e nelas traballan moitos obreiros e obreiras.
Os traballadores utilizan grandes máquinas.
Cada traballador ocúpase dunha tarefa: poñer parafusos, montar as pezas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario