domingo, 17 de mayo de 2020

17 DE MAIO: Día das Letras Galegas

Hoxe é o gran día, o día da nosa lingua... 

Xa sabedes que este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero. Deixamos unha entrada onte con actividades sobre a súa vida para que o coñezades un pouco mellor. 

A continuación poderedes ver o vídeo creado coas vosas verbas, unha marabillosa homenaxe á nosa lingua... Non deixedes de falar galego! 

Por certo, para ver o vídeo colle un caderno e un lapis, vas ter que apuntar algunhas cousiñas... 


Colle o teu caderno e contesta ás seguintes preguntas. 

1. Fai unha lista con todas as palabras do vídeo. 
2. Escribe ao lado de cada palabra M (se a palabra está en masculino) ou F (se está en feminino). 
3. Que palabras están repetidas? 
4. Escolle 4 palabras do vídeo e escribe unha oración con cada unha delas. 
5. Escribe todas as palabras do vídeo por orde alfabético (as que estean repetidas só tes que poñelas unha vez). 


FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario