Podemos clasificar as plantas de varias maneiras:
Segundo o seu talo, as plantas divídense en árbores, arbustos e herbas.
Árbores: teñen un talo duro e groso chamado tronco. A parte alta do tronco divídese en pólas.
Arbustos: teñen un talo curto e as pólas sean preto do chan. Teñen menos altura ca as árbores.
Herbas: teñen un talo fino e flexible de cor verde. Son plantas que teñen menos altura.
Atendendo as súas follas podemos clasificar as plantas en plantas de folla caduca ou folla perenne.
Folla perenne: teñen folla durante todo o ano.
Folla caduca: perden a folla coa chegada do frío
Antes de facer as fichas podes ver o vídeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario