Este ano adícase a Ricardo Carvalho Calero. Entre as súas obras destacan "Xente da Barreira" ou "Escritos sobre Castelao".
Que importante aprender a falar ben a nosa lingua para que non se perda. Hai cantidade de palabras fermosas en galego... Que vos parece se facemos un recopilatorio delas?
RETO: Tes que mandar ao correo das profes un vídeo no que aparezas cun cartel e a palabra en galego que ti elixas. Ademais de ler a palabra deberás explicarnos de maneira breve o seu significado.
Así, o domingo 17 de maio, veremos o vídeo con todas as palabras novas que aprendemos.
Contamos coa vosa colaboración!
NOTA: plazo máximo para enviar os vídeos o venres 15 de maio.
Deixo uns vídeos de exemplo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario