jueves, 4 de junio de 2020

Reto da localidade

O venres comezaría a Festa do Tinto, unha data moi esperada e importante para o Concello de Ribadumia.
Este ano, como xa sabedes, está sendo moi diferente pero non perdemos as ganas de pasalo ben e de compartir bos momentos coas nosas familias e amigos.

Nesta ocasión queremos relacionar o reto co tema de ciencias que estamos a repasar e coas tradicións da vosa localidade, como esta festa.
Deixámosvos un modelo de ficha para convertiros en expertos locais e superar o reto. Se preferides podedes facer o voso propio formato, quitando ou engadindo apartados.


Recordade que os avós e as persoas maiores que temos ao noso redor son unha fonte de sabiduría e grazas as súas experiencias poden axudarnos e ensinarnos un montón de cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario