Esta é a nosa última semana. Que rápido pasou o tempo, verdade?
A partires de hoxe iremos baixando a intensidade das tarefas para que poidamos ir entrando en modo verán, pero todavía temos cinco días por diante.
E falando do verán... Xa sabedes que é unha das estacións do ano pero, saberías responder ás seguintes preguntas?
Colle lapis e papel, logo nos mandas unha foto coas respostas.
1. Cales son as catro estacións?
2. Escribe as estacións por orde alfabético.
3. Cal é a túa favorita? Por que?
4. Escribe unha cousa que sexa característica de cada unha delas.
5. Todo o mundo está na mesma estación ao mesmo tempo? Pon un exemplo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario