Agora que retomamos o tema dos alimentos e temos moito tempo, imos facer un menú saudable.
No cole fixemos o menú do que fostes comendo durante a semana, pero agora imos facelo para comer a semana que ven.
Recorda que hai que facer 5 comidas ao día, que son: o almorzo, a parva ou taco, o xantar, a merenda e a cea.
Fai o teu menú durante a fin de semana e intenta cumprilo durante a semana que ven. Ao rematar o vindeiro domingo reflexiona... Puideches cumprilo? Cres que foi saudable?
No hay comentarios:
Publicar un comentario