viernes, 3 de abril de 2020

O QUEIXO

Hoxe imos falar do queixo, un alimento moi típico de Galicia. 

Déixovos un vídeo no que nos explican de onde ven o queixo, como se fai, que tipos existen... 

Cando remates de ver o vídeo anota as palabras que non coñezas para buscalas no dicionario. (Recorda que no dicionario buscamos as palabras por orde alfabética, así que antes de buscar pensa no abecedario). 



Este vídeo fainos recordar o que estudamos en Sociais, que os alimentos para ser elaborados deben seguir un proceso.

Escribe nun papel o proceso de elaboración do queixo e logo fai o debuxo. 

Deixo un enlace á páxina do RAG (o dicionario da Real Academia Galega), por se na casa non tedes dicionario. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario